ROBIN HOOD H OOD
 
 
 

Máis alá dos atractivos temáticos que nos determinaron a seleccionar
este clásico e non outro, máis alá da suxerente posibilidade de galeguizar
a materia dramatúrxica, máis alá da gorentosa sensación de vertixe
que un sente cando está a explorar novas formas de comunicación
co espectador, integrando unha peza clásica nun formato musical dirixido
a público familiar, está a apaixoante sensación de ir na busca da aventura,
a de retomar un vello xogo infantil que traslada as peripecias de Errol Flynn e Olivia de Havilland á horta da nosa avoa convertendo a película de Curtiz en imaxes poéticas, en xogo, en sons... e linguaxe teatral.
Trasnos, sereas, nubeiros, negrumantes, bruxas, mouros... a galería
de habitantes imaxinarios que conforman o “dramatis personae” da peza, poden a penas entreverse entre as néboas e a espesura dunha fraga
–a de Sherwood- que destapa o telurismo máis enxebre da nosa fisonomía, un mundo máxico e encantado, escenario de amores e aventuras
que rescata valores como o da xenerosidade, a simpleza, a amizade
e a valentía.

Cartel Robin Hood

Programa de man_galego

Programa de man_Castellano