Acontrabutaca Producións nace no ano 2007 co gallo de normalizar e complementar a oferta teatral existente na actualidade en Galicia dirixindo as súas propostas escénicas ao gran público, ao comúnmente coñecido coma público familiar. A productora móvese en dous ámbitos de creación diferentes: o do teatro infantil de actor e do teatro universal contemporáneo; ao tempo que programa distintas actuacións no eido educativo e asistencial.


Xestionada por Xosé Lueiro, Producións Acontrabutaca aspira a converterse tamén nunha plataforma de difusión para os novos actores e directores galegos e nun espazo de encontro con directores e compañías foráneas.  Sempre cun obxectivo principal: devolver ao teatro a capacidade para activar a discusión e diversión públicas fuxindo da pura e banal comercialidade.

 

 
     
     
     
   
 
www.acontrabutaca.com